Artigos

Camiseta de la Selección Gallega de Fútbol

Fase Previa do Campionato de Seleccións Comarcais

O Venres, 6 de decembro vaise disputar en Ferrol, no campo de “A Gándara” a fase previa do Campionato de Seleccións Comarcais, onde as distintas seleccións de Coruña se enfrontarán ás de Lugo.

Na Selección Coruñesa Feminina Alevín sub-12 foron convocadas para o partido que se disputará ás 11:00h nosas xogadoras:

Brenda Ferrer Alvarellos, Carlota Barreiro Reboredo, Paula Sánchez García, Clara Mosquera Seriña e Nuria Campo Villar, sendo a Victoria C.F. o que máis xogadoras leva á selección con 5 de 14 xogadoras.

Na Selección Coruñesa Feminina sub-14 foron convocadas para o partido que se disputará ás 11:30h nosas xogadoras:

Carmen Rouco Areal, Iria Guntín Cerviño, Sofía González Pérez e Elisa Villanueva Martínez. Somos, xunto ao Orzán S.D. o conxunto que máis xogadoras achega á selección.

Na Selección Coruñesa Masculina sub-12 foron convocados para o partido que se disputará ás 12:00h os nosos xogadores:

Hugo González Piñeiro e Xavier Merelas Vergara. Nesta Selección 6 equipos achegan 2 xogadores (Ural, Luis Calvo, Deportivo, Calasanz, Montañeiros e Victoria) e outros dous equipos un xogador ( Marabillas e Dumbría).

Na Selección Coruñesa Masculina sub-14 foron convocados, para o partido que se disputará ás 12:00h, os nosos xogadores:

Diego Varela Pampín, Jorge Valín Sánchez, Alejandro García Claramunt, Juan Rouco Lodeiro. Nesta Selección somos os que mais xogadores achegamos xunto ao Deportivo con 4 xogadores cada un dos 18 convocados.

Parabéns a tod@s @s convocad@s, gozade deste pequeno premio ao traballo ben feito e a seguir traballando nos vosos respectivos equipos!!

Aúpa Victoria!!!

Victoria C.F. - fútbol de biberones

Concentración de Biberóns

A Escola Luis Calvo organiza unha concentración de biberóns o venres 6 de decembro, onde os nenos das nosas escolas disputan unhas partidas contras as escolas do Luis Calvo e o Orillamar.

Download the PDF file .