Victoria Club de Fútbol

Fundado en 1943

Foto equipo Victoria C.F.

 

O Victoria Club de Fútbol foi fundado en febreiro de 1943 no barrio de Santa Lucía e caracterizouse sempre polo coidado e gusto da súa canteira, pois é un dos clubs da cidade que máis futbolitas relanzou á elite do fútbol nacional. Neste aspecto hai que recordar futbolistas do talle de Amancio Amaro, ex-xogador do Real Madrid, Real Club Deportivo e da selección española; Jaime Blanco, que pasou por equipos como o Real Club Deportivo, Real Madrid, Real Oviedo, Real Betis ou Hércules de Alicante; Moncho Parada, Real Club Deportivo, Real Madrid e Raio Vallecano entre outros; Pepino Sánchez, Málaga Club de Futbol, Granada e Ceuta e outro moitos xogadores.

A nivel deportivo débese destacar a tempada 1971-72 na que o Victoria, C.F. conseguiu o título de campión de Primeira División da Coruña e posteriormente o de Campión Galego de Afeccionados, sendo o único equipo da capital en conseguir este título. Nesta competición tivo que eliminar ao Iris de Magoy (Lugo), Maniños (O Ferrol) e Noia, derrotando na final ao Xuventude de Cambados, que esa mesma tempada ascendera a Terceira División, por 2-0.

Como logros máis recentes débese sinalar o Campionato Galego e Subcampionato de Copa, ambos os dous na Categoría de Cadetes, sendo esta a máxima división que se podía alcanzar nesta época en Galicia e que foron logrados durante a tempada 1996-97; o subcampionato Galego de Fútbol-7 en categoría alevín na tempada 1998-99 e o ascenso á Liga Nacional da Categoría Xuvenil na tempada 1999-00, así como os ascensos á División de Honra da categoría cadete (como campión da Liga Galega), na tempada 2000-01 e á Liga Galega Infantil nesa mesma campaña.

Outros logros a recordar son os campionatos de Segunda División nas tempadas 1953-54, 58-59, 68-69 e 77-78. Tamén destacar a tempada 1996-97 na que o equipo afeccionado se proclamou campión do Grupo I de Terceira Rexional, alcanzando o conseguinte ascenso a Segunda Rexional categoría na cal milita dende entón.
Tamén conta con diversos títulos das súas categorís base como 2 Campionatos da Liga Local (1993-94 e 97-98) en categoría Xuvenil, 2 Campionatos Galegos (1996-97, o referido anteriormente, e 2000-01) e 1 Subcampionato de Copa (1996-97) en categoría cadete, 1 Campionato da Copa Deputación (1993-94), 1 Campionato de Primeira División local (1994-95) e 1 Campionato da Segunda División local (2000-01) na Categoría Infantil. 2 Campionatos da Liga Local (1998-99 e 2002-03) e 1 Subcampionato Galego (1998-99) en Categoría Alevín de Fútbol-11. 3 Campionatos de Liga Local (1994-95, 97-98 e 2001-02) e 3 Mini Teresa Berrera (1998-99, 2001-02 e 02-03) na Categoría Alevín de Fútbol-7. 5 Campionatos de Liga Local (1995-96, 96-97, 97-98 e 2 na 2000-01) e 2 (Mini Teresa Herrera (1996-97 e 2000-01) na categoría Benxamín.

A Xunta directiva asumiu o proxecto de mimar a todas as súas categorías, aínda que facendo fincapé na súa propia canteira, e de relanzar o club, tanto deportiva como socialmente. Este dato reflíctese cos datos do número de xogadores que pertencen ao club unha cifra que sobre pasa os 250 xogadores federados.