As Escolas son para nenos de 4 e 5 anos.

Comeza un curso máis da “ESCOLA DE FÚTBOL VICTORIA C.F.” Esta actividade servirá no futuro de preingreso nos nosos equipos de competición, ainda que desgraciadamente non todos os alumnos e alumnas poderan ingresar finalmente no Victoria C.F. porque son moitos @s nen@s que aceden a nosa Escola e debido a unhas limitacións, sobre todo de infraestructuras, nos resulta imposible inscribir máis equipos en competición ademáis dos que xa conta o noso Club.

Esta Escola de Fútbol está orientada a nen@s de 4/5 anos, nacidos nos anos 2012 e 2013 (poderanse admitir @s nacid@s nos anos 2014 sempre que conten coa motricidade necesaria e se adapten ao ritmo da Escola)

A Escola está supeditada a PRAZAS LIMITADAS, e desenvolverase seguindo o CALENDARIO ESCOLAR (mesmos descansos en pontes e vacacións) e conforme ás quendas orientativas seguientes:

Temos dúas escolas, ambas as dúas desenvólvense en pavillón deportivo cuberto, de acordo ao seguinte calendario:

1º.- A primeira desenvolvese no Pavillón do Barrio das Flores

– Luns, de 18 a 19 h. e Sábados, de 10 a 11 h.

– Martes, de 18 a 19 h. e Sabados de 11 a 12 h.

2º.- A segunda Escola desenvolvese no Pavillón de Novo Mesoiro:

– Luns, de 18 a 19 h. e Sábados, de 10 a 11h.

– Xoves, de 17 a 18 h. e Sábados de 11 a 12h

O custo da actividade é de 200€, que se aboarán co pagamento das cotas seguientes.

-1ª Cota: 80€ no momento da inscrición.

-2ª Cota: 100€ no mes de decembro.

-3ª Cota: 45€ no mes de marzo.

Se desexas apuntar o teu fillo/a o para máis información mándanos un correo, responderémolo coa maior brevedade posible, aclarando todas as dubidas que teñades sobre as Escolas.

Download the PDF file .

2 + 5 = ?